A NOSA HISTORIA

Todo comeza no ano 1997, cando o noso actual director, Javier Domínguez Millán, propón á dirección do Colexio Público de Belesar impartir clases de música como actividade extraescolar.

Comézase impartindo clases a 9 alumnos, pasando en tan so tres meses a ser 35 os nenos e nenas que asistían a dita actividade.

Un ano máis tarde, e visto o interese que desperta esta novidade na parroquia de Belesar (Baiona), decídese mercar os primeiros instrumentos e así dar un paso máis cara a formación da Agrupación Musical de Belesar.

O 20 de xuño do ano 1998 foi un día moi importante culturalmente falando para a parroquia, que xa contaba co seu Coro Infantil e a súa Coral Polifónica. Un día moi importante xa que, a partir dese momento, quedaba presentada oficialmente a AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR. E así o fixemos! Ó grande! Sendo apadriñados nada máis e nada menos que pola AGRUPACIÓN MUSICAL DE O ROSAL.

OS NOSOS PADRIÑOS "AGRUPACIÓN MUSICAL DE O ROSAL"
www.bandadorosal.org

ein Bild

 FUNDADORES  "PRESENTACIÓN (1998)"

ein Bild

Así comezabamos a camiñar. No noso afán por integrarnos no movemento bandístico, no ano 2000 entramos a formar parte activa da FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES e así puidemos facernos camiño ó longo destes anos nos numerosos festivais, intercambios, festas populares... nos que fomos requiridos.

ein Bild

No ano 2001, participabamos por primeira vez no II CERTAME DE BANDAS DE LA EXMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, participando tamén nas seguintes catro edicións.

Temos que sinalar os premios acadados en dito certame: no ano 2005 acadamos o 2º PREMIO coa obra libre ARCANA de Jevin Houben, sendo a obra obrigada GALLAECIA de Jose Bugallo Senra, e no ano 2006 acadamos o 3º PREMIO coa obra libre ST. MARTIN´S SUITE de Jan van der Roost . 

ein Bild

Tódolos anos no mes de agosto organizamos un festival de verán que este ano chegou á súa 10º edición.  Este festival de verán desenrólase en 4 días, dos cales, nos tres primeiros a banda ofrece un concerto nos barrios da parroquia ESTIVADA, URGAL e A GRANXA para celebrar no recinto de festas como clausura de dito festival o FESTIVAL DE BANDAS.

En xuño do ano 2007, editamos o noso primeiro traballo discográfico, NA SAIA DA GROBA, en colaboración con PABLO BARREIRO (técnico de son de Radio Galega), co CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO e coa COMUNIDADE DE MONTES DE BELESAR.

No mesmo ano, ó  31 de agosto , demos comezo ó Ciclo de Directores e Solistas convidados, contando no 1º concerto coa importante colaboración de dous grandes músicos dentro do mundo bandístico: como director convidado, D. JOSE VICENTE SIMEÓ MÁÑEZ (licenciado en música na especialidade de Trompeta, foi director das bandas municipais de Tui e Ourense e da Agrupación Musical do Rosal. Na actualidade é mestre de trompeta no conservatorio de Alacante), e como solista convidado, D. RUBÉN SIMEÓ GIJÓN (quen, con 15 anos, é considerado un dos mellores trompetistas a nivel internacional. Na actualidade estuda co mellor trompetista de tódolos tempos: Maurice Andre). 

En outubro de 2007, fixemos a nosa primeira viaxe fóra da comunidade autonómica, desprazándonos a Madrid os días 12,13 e 14.

E Marzo de 2008,  e durante tres dias, participamos en representacion do Concello de Baiona nos actos conmemorativos ó descubrimento de AMÉRICA en PALOS DE LA FRONTERA (HUELVA).

No mes de Agosto de 2010, realizamos o noso I INTERCAMBIO NACIONAL DE BANDAS, coa Banda de Música de Vilanova de i La Geltrú (Catluña), quenes nos visitaros e os que contamos visitar no mes de marzo de 2011.

No mes de Outubro de 2010, a Banda de Música da Agrupación Musical de Belesar, ven de obter o 1º PREMIO, da terceira sección no X Certame de Bandas que organiza a Exma. Deputación Provincial de Pontevedra.

Despois destes anos foron moitas as experiencias que fomos compartindo pero o que si está claro é que, con moitas ganas e con moita ilusión, poderemos seguir aumentando a nosa historia e poderemos seguir crecendo tanto en calidade de colectivo como en calidade de grupo humán.

CONTACTA CON NÓS:

CENTRO CULTURAL
MUNICIPAL
DE BELESAR
Reverendo Benedicto
Polo nº10, Medialdea, Belesar, Baiona.
C.P. 36.307
Pontevedra


TELÉFONOS:

JAVIER (Director)
696.10.54.20

CARLOS (Presidente)
Movil: 673443443
Particular: 986.35.36.12

BANDA:
619.41.25.10
Email: amdebelesar@
hotmail.com

ESCOLA DE MÚSICA:
638172366
Email: emus.belesar@
gmail.com

WEB:
http://bandabelesar.
es.tl/

BLOG:
httl:/bandabelesar.
blogspot.com

FACEBOOK:
https://www.facebook.com/
AgrupacionMusicalDeBelesar

 
ERES Ó VISITANTE NÚMERO: 25256 visitantes¡Nesta páxina!
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=