JAVIER DOMÍNGUEZ MILLÁN

             Director Titular                     

Nace en Belesar o 23 de xuño de 1975. Ós 8 anos comeza os seus estudos musicais da man do seu avó para, dous anos máis tarde, pasar a estudar academicamente no Conservatorio de Música Profesional de Gondomar e continuar, catro anos máis tarde, no Conservatorio Superior de Música de Vigo cos mestres D. Francisco Pérez, D. Miguel Aguilar, D. Fernando Abreu, D. Esteban Valverde, D. Roberto Noche e D. Astereo entre outros. No ano 1997 obtén a titulación de mestre na especialidade de Clarinete coas máis altas cualificacións. 3 anos máis tarde obtén a titulación Superior en dita especialidade.

 

 

Fai cursos de perfeccionamento do clarinete cos mestres D. Keith A. Macleod, D. Miguel Espejo Plá, D. Juan Vercher Grau e Dª Mª Ángeles Galán entre outros.

 

 

Fai cursos de perfeccionamento de Dirección de Banda e Orquestra cos mestres D. Bernardo Adam Ferrero, D. Juan Vercher Grau, D. Marcel Van Bree, D. Ferrer Ferran, Jan Cober…

 

 
No ano 1997  aproba a praza para impartir clases de Clarinete, Linguaxe musical, Coro, Audicións Comentadas e Música Activa no Conservatorio de Música de Gondomar tras asistir os cursos 1997-98, 1998-99 e 1999-2000.

 

 

Foi invitado polo Concello da Guarda no ano 1998 para participar e ofrecer un recital no V Festival de Xóvenes Intérpretes.

 

 

Participa en representacións da Federación Galega de Coros nas XIX Xornadas Coralísticas Aragonesas, que tiveron lugar na cidade de Borja (Zaragoza) no 1999.

 

 

No ano 2000 cursa estudos de Elementos de Acústica impartidos polos catedráticos D. Antonio Pena Jiménez e D. Manuel A. Sobreira Seoane.

 

 

No mundo do canto coral hai que sinalar a obtención do primeiro premio no ano 2002 no 37º Festival de Vilancicos Caixanova pola composición da partitura inédita “Soa un pandeiro en Belén”, repetíndose dito primeiro premio no ano 2003 coa partitura “Un gaiteiro chegou a Belén”, na 39ª edición con "Seguindo unha estrela”, "Resoan as Campás" no ano 2005, “Imos o pé do Portal” no 2006 e na última edición (2007) pola partitura "As campás da Igrexa", sendo Javier Domínguez Millán autor da música e letra.

 

 

Dende o ano 2000 ofrece concertos didácticos por toda a xeografía galega sendo Clarinete da Orquestra para as unidades didácticas “LOS INSTRUMENTOS DE LA ORQUESTA” e “ LA FORMA MUSICAL” creadas por Dª Carmen Losada e na que participan o redor de 9.000 alumnos de primaria de diferentes centros galegos.

 

 

Fiel amante do mundo coral, con tan só 17 anos funda un coro na súa parroquia natal, Belesar (Baiona), e dende entón mantén una dilatada traxectoria neste campo, estudando coa israelí Naomi Faran entre outros.


Na actualidade dirixe as agrupacións corais: Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, Coro Xuvenil San Lorenzo de Belesar (finalista en sete ocasións no Festival de Vilancicos Caixanova e no 1º e 2º Certames de Habaneras do Concello de O Grove), Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas, Coral Lira de San Miguel de Oia, Coral A Cela de Baredo e Orfeón Val Miñor.

Foi mestre nas especialiades de clarinete e música de cámara, no Conservatorio de Música Mayeusis de Vigo, dende o ano 1999 ata ó ano 2010.

E Licenciado en música na especialidade de Clarinete polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e Diplomado en Dirección de Banda polo I.S.E.B (Instituto Superior Europeo Bandístico), en TRENTO (ITALIA), durante o curso 2007/08, co mestre D. Jan Cober.

 

Ademais de dirixir as agrupacións xa mencionadas, é Director e mestre de Clarinete na Escola de Música Municipal do Porriño e  director da Banda de Música da Agrupación Musical de Belesar (Baiona).

 

CONTACTA CON NÓS:

CENTRO CULTURAL
MUNICIPAL
DE BELESAR
Reverendo Benedicto
Polo nº10, Medialdea, Belesar, Baiona.
C.P. 36.307
Pontevedra


TELÉFONOS:

JAVIER (Director)
696.10.54.20

CARLOS (Presidente)
Movil: 673443443
Particular: 986.35.36.12

BANDA:
619.41.25.10
Email: amdebelesar@
hotmail.com

ESCOLA DE MÚSICA:
638172366
Email: emus.belesar@
gmail.com

WEB:
http://bandabelesar.
es.tl/

BLOG:
httl:/bandabelesar.
blogspot.com

FACEBOOK:
https://www.facebook.com/
AgrupacionMusicalDeBelesar

 
ERES Ó VISITANTE NÚMERO: 25006 visitantes¡Nesta páxina!
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=